CAPELA DE SAN XOSÉ

Relixioso
373

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

Lugar: Pedrosa

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 57.1" N - 7º 27' 02.7" W

Descrición

Esta capela é privada e contigua á casa materna dos Pedrosa, fundada no século XVIII pola familia do mesmo nome.
Esta capela contaba con catro imaxes: Virxe das Dores, Santa Filomena, San Antonio e San Xosé.
Destacar tamén que dispoñía dun fermoso órgano que soaba nos días de misa.

Acceso

Dende o centro de San Ciprián temos que chegar ata o polígono de Cuíña seguindo as sinais que atopamos polo pobo. Unha vez chegamos a nave de Frigomar tomamos o cruce cara a dereita e continuamos ata chegar a unha estreita ponte. Ao pasar a ponte tomamos o primeiro cruce que nos atopamos á dereita e seguido 150m chegamos á Capela de San Xosé.

Estilos

Barroco
Arriba