FERVENZAS DO REGO DA PATELA

Fervenzas
189

Localización

Parroquia: Cuntis (Santa María)

Cuntis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 38' 01.0" N - 8º 33' 07.4" W

Descrición

Roteiro de extrema dificultade debido á ausencia de sendas ou camiños á beira do río que nos permitan divisar as  fervenzas; ademais, hai que superar grandes desniveis, perigosos na maior parte dos sitios. En Cuntis colleremos a estrada que vai cara a Xinzo e Pazo e chegaremos ata o parque de  Maráns, onde deixaremos o coche. Desde alí baixaremos ata o  rego da  Patela ou de Pazo, unha das cabeceiras do río Gallo, afluente do Umia. As primeiras fervenzas verémolas remontando o río pola marxe esquerda, atravesando a gran cantidade de vexetación de ribeira que nos iremos atopando. Unha vez vista esta  fervenza, xa non se pode remontar o río por esta vertente. Daremos marcha atrás ata a ponte de madeira que cruza o río e colleremos a pista asfaltada que sobe a man dereita, e, a partir de aquí, non hai carreiros que baixen ao río, hai que facelo monte a través para seguir vendo as diferentes  fervenzas que nos iremos atopando. Son diferentes saltos de auga, un deles cuns 15 m de caída. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!