06 nov 2023

Galicia fomenta a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre a Ruta Xacobea e o Camiño Podólico

Podolico

A Federación Europa do Camiño de Santiago, que este ano está presidida por Galicia, vén de asinar un acordo de cooperación con catro concellos ucranianos do Camiño Podólico para fomentar o intercambio de coñecemento e unión deste itinerario -tamén Camiño de Santiago-, coas rutas principais da ruta xacobea e desenvolvemento de proxectos conxuntos.

 
O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, asinou este acordo coa intención de que os países integrantes na Federación poidan seguir estreitando lazos. De feito, a Xunta de Galicia continúa así estendendo o seu modelo de xestión na ruta xacobea e fomentar unha implicación institucional e planificación de acción a nivel europeo que axude á promoción e desenvolvemento conxunta do Camiño de Santiago en Europa.
 
A Federación foi creada en 2011 para ser a única referencia para o Instituto de Itinerarios Culturais Europeos e garantir a aplicación dos requisitos para ser un Itinerario Cultural Europeo fixados polo Consejo de Europa. Desde entón, traballa para difundir as experiencias de cada comunidade en Santiago e dar coherencia ás accións dos diferentes actores en cada país participante, desenvolvendo proxectos conxuntos de alto impacto orientados a atraer e ampliar a rede europea.
 
Arriba
Axúdanos a mellorar!