IGREXA DE SAN XES DE FRANCELOS

Relixioso
2567

Localización

Parroquia: Francelos (Santa María Madanela)

Lugar: Francelos

32418  Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 35.9" N - 8º 09' 20.0" W

Descrición

A Igrexa de San Xes de Francelos está situada nun outerio da Veiga de Valparaíso. Datada no século IX, é unha construción única dentro da arquitectura prerrománica. Formou parte dun antigo mosteiro de beneditinas. Foi declarada Monumento Nacional en 1951. A fachada da súa capela acolle varios elementos moi destacables. Prestarémolles atención ao arco de ferradura de influencia visigótica, ás columnas con capiteis corintios e a dúas escenas de carácter bíblico.

Pero quizais o máis interesante deste monumento sexa a súa célebre celosía. Está decorada con diversos motivos. Na parte interior ten dúas flores de oito pétalos, rodeadas por tres pequenos arcos de ferradura de distinta elaboración. A súa aparencia é similar á de Santa Cristina de Pola de Lena (Asturias), aínda que na súa construción tamén puido ter recibido influencias da arte mozárabe.

Acceso

A partir da N-120 (Vigo-Ourense) cóllese un desvío cara a Francelos a través da estrada local Avda. de Redondela. Tamén se accede de xeito peonil dende o centro histórico de Ribadavia, polo paseo fluvial que permite contemplar a fermosa veiga de Valparaíso.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!